Juan Pablo Gándara de Toreno

ENTREVISTA EN RADIO SANT BOI DE LLOBREGAT. BARCELONA

ENTREVISTA EN RADIO SANT BOI DE LLOBREGAT. BARCELONA

https://galegosnobaix.blogspot.com/2023/04/xoves-27-de-abril-do-2023.html?m=1

jueves, 27 de abril de 2023

XOVES 27 de ABRIL do 2023

 

Comezamos a emisión de hoxe coma sempre, coa nosa sintonía e as salutacións oportunas. Escoitamos un bocadiño de música e saudamos a JUAN PABLO GÁNDARA DE TORENO, que nos visita nos estudios. Un escritor que nos ven a presentar a súa novela. «Los últimos días con Valentina». Mantemos unha conversa moi distendida que nos aproxima á súa creatividade escritora e tamén nos adianta que está a traballar para publicar algunha novela máis. Este primeiro título publicado tivo unha xestación algo longa, que tamén se viu interrumpido por mor do Coronavirus, pero aínda se pode adquirir poñéndose en contacto co seu autor, no seu propio correo electrónico, que nos facilita (nemesiodieziglesias@gmail.com). Tamén nos informa da súa páxina web: http//juanpablogandaradetoreno.blogspot.com.es/, na que podemos atopar tódalas noticias relacionadas coas súas produccións e poesías, que tamén escribe.

 

Continuamos o programa e conectamos con XOSÉ CANOSA, Presidente da Asociación Cultural Galega «AIRIÑOS DA NOSA GALICIA» en Santa Coloma de Gramenet. Parabenizámolo pola recente celebración da lectura do Quixote, en galego, coa participación de máis de cento sesenta lectores. Tamén o felicitamos pola próxima celebración do 40 aniversario desta Entidade, que será durante os días 5, 6 e 7 de maio próximo, no Parc d’Europa. «Quiero vivir en la ciudad» é o título da obra Teatral-Musical que o Grupo Rambioia da Entidade teñen previsto interpretar como Teatro-Musical Solidario (homenaxe a Mecano) que se representará no Teatre Segarra esta fin de semana. Tódalas entradas están ocupadas, e o prezo das mesmas son 3 alimentos non perecedeiros. Infórmanos que o ano pasado recaudaron nada menos que tres toneladas de alimentos. A Festa Cultural – Gastronómica «40 anos Airiños da Nosa Galicia» terá unha serie de actuacións e actividades moi interesantes ás que nos convida para poder disfrutar en perfecta armonía e convivencia. Desexámoslle moita sorte e moitos éxitos.

Continuamos un bocadiño máis de charla co noso convidado de hoxe, Juan Pablo Gándara de Toreno, que nos indica algunha curiosidade relacionada coa súa traxectoria persoal e familiar. Tamén nos puntualiza que asina as súas dedicatorias nos libros co nome de Nemesio. Infórmanos que ten escrito xa varias novelas, algunhas próximas a saír ao prelo, concretamente a finais do verán, posiblemente no mes de setembro recibiremos novamente a súa visita para darlles a coñecer algún novo libro publicado.

A seguinte intervención é a do noso correspondente na capital da Ribeira Sacra – Monforte de Lemos – XOSÉ MANUEL F. MONTES, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU, que escolle as noticias máis salientables comentándoas cos seus «desghústanme e ghústanme». Tamén nos envía as súas reflexións e recolleitas detalladas con frases moi enxebres e refráns cheos de retranca. Por veces tamén nos envía a súa viñeta alusiva a algún momento da emisión. Agradecémoslle a súa colaboración semanal.

Recibimos agora a ARANCHA ESTÉVEZ LAVANDEIRA, xornalista e escritora, que nos fala do seu libro: «María Casares. A célebre refuxiada, a descoñecida». En datas anteriores recibimos, e publicamos unha fermosa intervención do noso colaborador Luís Losada, que nos facía coñecer un bocadiño deste libro que recolle a biografía de María Casares escrita en galego. A Editorial Aira publicou o ano pasado este libro coincidindo co centanario desta actriz que levou o teatro ao seu máximo explendor, e que estivo fortemente marcada pola experiencia do exilio. Arancha foi tamén a directora responsable dunha exposición que se fixo sobre María Casares, itinerante por varias localidades galegas. Agradecémoslle a súa amable atención.

Voltamos a comentar algunhas particularidades con Juan Pablo Gándara de Torenoaproveitamos esta ocasión para darlle a grazas pola súa colaboración de hoxe e despedímonos dos nosos oíntes e seguidores ate o vindeiro xoves á mesma hora.Deixamos aquí o programa completo.
Picture of Juan Pablo Gándara de Toreno

Juan Pablo Gándara de Toreno

Escritor

Compartir:

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos y para fines de afiliación y para mostrarte publicidad relacionada con sus preferencias en base a un perfil elaborado a partir de tus hábitos de navegación. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad